Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDF

"CALL FOR PAPERS"

PETICIÓN DE COMUNICACIÓNS PARA O

XXV CONGRESO DA SEPLN

8-10 Setembro 2009

Palacio Miramar, Donostia - San Sebastián

http://ixa2.si.ehu.es/sepln2009/

 

PRESENTACIÓN

 

A XXV edición do Congreso Anual da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural (SEPLN) celebrarase en Donostia-San Sebastián os días 8, 9 e 10 de setembro de 2009 no Palacio Miramar.
Ademais prevese a organización de tres obradoiros-workshops satélites para esa mesma semana (ver lista de workshops).

A inxente cantidade de información dispoñible en formato dixital e nas distintas linguas que falamos fan imprescindible dispoñer de sistemas que permitan acceder a esa enorme biblioteca que é Internet dun xeito cada vez máis estruturado.

Neste mesmo escenario, hai un interese renovado pola solución dos problemas de accesibilidade á información e de mellora de explotación da mesma en contornos multilingües. Moitas das bases formais para abordar adecuadamente estas necesidades foron e seguen sendo establecidas no marco do procesamento da linguaxe natural e das súas múltiples vertentes:

Extracción e recuperación de información, Sistemas de procura de respostas, Tradución automática, Análise automática do contido textual, Resumo automático, Xeración textual, e Recoñecemento e síntese de voz.
O obxectivo principal do congreso é ofrecer un foro para presentar as últimas investigacións e desenvolvementos no ámbito de traballo do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) tanto á comunidade científica como ás empresas do sector. Tamén se pretende mostrar as posibilidades reais de aplicación e coñecer novos proxectos I+D neste campo.

Ademais, como en anteriores edicións, deséxase identificar as futuras directrices da investigación básica e das aplicacións previstas polos profesionais, co fin de contrastalas coas necesidades reais do mercado. Finalmente, o congreso pretende ser un marco propicio para introducir a outras persoas interesadas nesta área de coñecemento.

 

 

ÁREAS TEMÁTICAS

 

Anímase a grupos, investigadores e empresas a enviar comunicacións, resumos de proxectos ou demostracións no ámbito das tecnoloxías da lingua nalgunha das áreas temáticas seguintes:

  • Modelos lingüísticos, matemáticos e psicolingüísticos da linguaxe.
  • Lingüística con córpora.
  • Desenvolvemento de recursos e ferramentas lingüísticas.
  • Gramáticas e formalismos para a análise morfolóxica e sintáctica.
  • Semántica, pragmática e discurso.
  • Resolución da ambigüidade léxica.
  • Aprendizaxe automática en PLN.
  • Xeración textual monolingüe e multilingüe.
  • Tradución automática.
  • Recoñecemento e síntese de voz.
  • Extracción e recuperación de información monolingüe e multilingüe.
  • Sistemas de procura de respostas.
  • Análise automática do contido textual.
  • Resumo automático.
  • PLN para a xeración de recursos educativos.
  • PLN para linguas con recursos limitados.
  • Aplicacións industriais do PLN.



ESTRUCTURA DO CONGRESO

 

A duración prevista do congreso será de tres días, con sesións dedicadas á presentación de relatorios, pósteres, proxectos de investigación en marcha e demostracións de aplicacións. Ademais prevemos a organización de tres obradoiros-workshops satélites para esa mesma semana.



ENVÍO DE TRABALLOS

 

As propostas de traballos (artigos, proxectos e demostracións) poderán ser enviadas ata a data límite do 24 de abril de 2009.

O envío e a revisión das propostas realizarase exclusivamente en formato electrónico PDF a través do sistema Myreview:

(http://www.sepln.org/myreview-congreso25/)

Aconséllase utilizar os modelos en LaTeX e en Word que figuran na Web do congreso: Latex, Word.

Ademais, segundo sexan artigos, demostracións ou proxectos, as propostas terán que adecuarse ás seguintes características:

 

 

 

ARTIGOS

Acéptanse artigos de carácter teórico ou experimental relacionados co campo do Procesamento da Linguaxe Natural.

As propostas conterán os seguintes apartados:

  • O título do artigo.
  • Os nomes dos autores, afiliacións, direccións postais e electrónicas (anónimo na proposta enviada).
  • Un resumo bilingüe (inglés e español) dun máximo de 150 palabras cada un incluíndo un listado de temas relacionados ou palabras chave.
  • O artigo poderá estar en español ou inglés. A súa lonxitude máxima será de 8 páxinas, sen contar as referencias, que poderán ocupar unha páxina adicional como máximo.
  • Os documentos non poderán incluír cabeceiras nin pés de páxina.

Os artigos propostos serán examinados por tres revisores como mínimo e poderán ser aceptados para ser presentados como póster ou como presentación oral, dependendo das necesidades do programa. Na edición da revista SEPLN non haberá distinción entre artigos e pósteres.



PROXECTOS E DEMOSTRACIÓNS

 

Como en edicións anteriores, os organizadores animan aos participantes a presentar proxectos I+D e a realizar demostracións de sistemas ou ferramentas informáticas relacionadas co campo do PLN.

Para as presentacións de proxectos débese incluír a seguinte información:

  • Título do proxecto.
  • Nome, afiliación, dirección, e-mail e teléfono do director do proxecto.
  • Patrocinadores.
  • Grupos participantes no proxecto.
  • Resumo cun máximo de dúas páxinas.

Nas propostas para demostracións, débese incluír a seguinte información:

  • Título da demostración.
  • Nome, afiliación, dirección, e-mail e teléfono dos autores.
  • Resumo cun máximo de dúas páxinas.
  • Estimación de tempo que dura a demostración do sistema.


DATAS IMPORTANTES

 

24-Abril-2009:Data límite para o envío de artigos, proxectos e demostracións.
1-Maio-2009:Data límite para o envío de artigos, proxectos e demostracións.
5-Xuño-2009:Notificación de aceptación.
22-Xuño-2009:Data límite para o envío da versión definitiva.
15-Xullo-2009:Prazo para inscrición a prezo reducido.
07-Sept-2009:Obradoiros-workshops: WAC5, E-IR-LRL
8, 9 e 10 de Sept.:XXV Congreso SEPLN
10-Sept-2009 (tarde):Obradoiro-workshop: PAN

 

 

 

 

 

 

 

 

 


COMITÉ CIENTÍFICO

 

Presidencia: Kepa Sarasola (Euskal Herriko Unibertsitatea)

Membros:

  • Itziar Aduriz (Universitat de Barcelona)
  • José Gabriel Amores (Universidad de Sevilla)
  • Jose Maria Arriola (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • Xabier Artola (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • Toni Badía (Universitat Pompeu Fabra)
  • Manuel de Buenaga (Universidad Europea de Madrid)
  • Irene Castellón (Universitat de Barcelona)
  • Arantza Díaz de Ilarraza (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • Víctor Díaz Madrigal (Universidad de Sevilla)
  • Antonio Ferrández (Universitat d'Alacant)
  • Mikel Forcada (Universitat d'Alacant)
  • Ana García-Serrano (Universidad Politécnica de Madrid)
  • Alexander Gelbukh (Instituto Politécnico Nacional. México)
  • Koldo Gojenola (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • Xavier Gómez Guinovart (Universidade de Vigo)
  • Julio Gonzalo (UNED)
  • José Miguel Goñi (Universidad Politécnica de Madrid)
  • José Carlos González (Universidad Politécnica de Madrid)
  • Montserrat Marichalar (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • José Mariño (Universitat Politècnica de Catalunya)
  • M. Antonia Martí (Universitat de Barcelona)
  • María Teresa Martín (Universidad de Jaén)
  • Patricio Martínez (Universitat d'Alacant)
  • Paloma Martínez (Universidad Carlos III, Madrid)
  • Raquel Martínez (UNED)
  • Ruslan Mitkov (Universidad de Wolverhampton)
  • Manuel Montes y Gómez (Instituto Nacional de Astrofísica, Óptica y Electrónica. México)
  • Lidia Moreno (Universitat Politècnica de València)
  • Lluís Padró (Universitat Politècnica de Catalunya)
  • Ramón López Cózar (Universidad de Granada)
  • Manuel Palomar (Universitat d'Alacant)
  • Ferrán Pla (Universitat Politècnica de València)
  • German Rigau (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • Horacio Rodríguez (Universitat Politècnica de Catalunya)
  • Leonel Ruiz Miyares (Centro de Lingüística Aplicada de Santiago de Cuba)
  • Emilio Sanchís (Universitat Politècnica de València)
  • Kepa Sarasola (Euskal Herriko Unibertsitatea)
  • Mariona Taulé (Universitat de Barcelona)
  • L. Alfonso Ureña (Universidad de Jaén)
  • Felisa Verdejo (UNED)
  • Manuel Vilares (Universidad de A Coruña)
  • Luis Villaseñor-Pineda (Instituto Nacional de Astrofísica, Óptica y Electrónica. México)

INFORMACIÓN DE CONTACTO

Toda a información sobre o congreso está dispoñible na páxina Web do XXV Congreso da SEPLN: http://ixa2.si.ehu.es/sepln2009/index.php E-mail da organización: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo