INFORMACIÓN PARA AUTORES

 

As propostas de traballos (artigos, proxectos e demostracións) poderán ser enviadas ata a data límite do 24 de abril de 2009.

Aconséllase utilizar os modelos en LaTeX e en Word que figuran na Web do congreso: Latex, Word.

Ademais, segundo sexan artigos, demostracións ou proxectos, as propostas terán que adecuarse ás seguintes características:

 

 

 

ARTIGOS

Acéptanse artigos de carácter teórico ou experimental relacionados co campo do Procesamento da Linguaxe Natural.

As propostas conterán os seguintes apartados:

  • O título do artigo.
  • Os nomes dos autores, afiliacións, direccións postais e electrónicas (anónimo na proposta enviada).
  • Un resumo bilingüe (inglés e español) dun máximo de 150 palabras cada un incluíndo un listado de temas relacionados ou palabras chave.
  • O artigo poderá estar en español ou inglés. A súa lonxitude máxima será de 8 páxinas, sen contar as referencias, que poderán ocupar unha páxina adicional como máximo.
  • Os documentos non poderán incluír cabeceiras nin pés de páxina.

Os artigos propostos serán examinados por tres revisores como mínimo e poderán ser aceptados para ser presentados como póster ou como presentación oral, dependendo das necesidades do programa. Na edición da revista SEPLN non haberá distinción entre artigos e pósteres.



PROXECTOS E DEMOSTRACIÓNS

 

Como en edicións anteriores, os organizadores animan aos participantes a presentar proxectos I+D e a realizar demostracións de sistemas ou ferramentas informáticas relacionadas co campo do PLN.

Para as presentacións de proxectos débese incluír a seguinte información:

  • Título do proxecto.
  • Nome, afiliación, dirección, e-mail e teléfono do director do proxecto.
  • Patrocinadores.
  • Grupos participantes no proxecto.
  • Resumo cun máximo de dúas páxinas.

Nas propostas para demostracións, débese incluír a seguinte información:

  • Título da demostración.
  • Nome, afiliación, dirección, e-mail e teléfono dos autores.
  • Resumo cun máximo de dúas páxinas.
  • Estimación de tempo que dura a demostración do sistema.