XXV edición do Congreso Anual da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural 2009 (SEPLN´09)

 

 

 

A XXV edición do Congreso Anual da Sociedade Española para o Procesamento da Linguaxe Natural (SEPLN) celebrarase en Donostia-San Sebastián os días 8, 9 e 10 de setembro de 2009 no Palacio Miramar.


O obxectivo principal é ofrecer un foro para presentar as últimas investigacións e desenvolvementos no ámbito de traballo do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) tanto á comunidade científica como ás empresas do sector. Tamén se pretende mostrar as posibilidades reais de aplicación e coñecer novos proxectos I+D neste campo. Ademais, como en anteriores edicións, deséxase identificar as futuras directrices da investigación básica e das aplicacións previstas polos profesionais, co fin de contrastalas coas necesidades reais do mercado. Finalmente, o congreso pretende ser un marco propicio para introducir a outras persoas interesadas nesta área de coñecemento.

Poster del Congreso SEPLN09

 

Colaboradores